martes, 10 de junio de 2014

Estrelas

Non vou ensinar-che constelacións
descoñecidas.
Non podo aganchar até as nubes
sen notar a disnea da inseguridade.
Non quero foder-te.

Vaia, certo.

Si que é complexo iso de durmir
sen o teu alento quentando-me a espiña.

Iso é o que non son quen de esquecer.

domingo, 18 de mayo de 2014

Um Segundinho.

Hoje és simplemente parte do desengano, de como seguimos mirando pola ventá. Quietinhos. E de quando em vez párte-se-nos o peito e damos um passo adiante. E caminhamos. Longo tempo buscamos a maneira de inspirar-nos. Comezamos a tecer a nossa propria vida e tudo muda. Perde a cor grisácea e ilumína-se cada segundo. Deixamos de frear todo aquilo que vinhamos desexando longo tempo atrais... Isto nom é um puto telegrama.

Punto

 e

seguido.

A beleza que miro em cada um desses segundos nom se esgota, nem se esgotará.

Essa é a minha liberdade.


A minha revoluçom cresce no caminho e segue a caminhar. 

As que doen

De canto te quero mirar e canto te miro
E de cando en cando reviro a retina,
Para observarte.
E xa tentei
Estourar-te
Estourar-me
estourar-nos.

Sigo sen comprender as fechaduras
E as chaves de cada momento
Sen tentar entrar, ou saír,
Quero movimento.

E a veces quero agardar.

Polas fantasías que acaban
Doendo.
Fondo.


Ou non…

sábado, 8 de diciembre de 2012

A veces sorpréndome abrazando o teu recordo. Nom é máis que fume. Ou un canuto mal pagado e cinsas polo chan. Pode que tenha un sabor a té moruno do Camalea.
O teu recordo, que é nada e todo.
O teu recordo, que me ferve no peito.
O teu recordo, que sendo todo e nada me doe e me sana.
Sexa o que sexa.
É.

viernes, 7 de diciembre de 2012


Nesta época do ano fai un frío que pela, xea moito. Mais semella que outubro quere seguir sendo un outono estival. E caminhar pola rúa segue sendo unha maravilla.

Hoxe non escribo para ninguén, non creo que precise imaxinar nada. Coido que ando suxestionando un mundo que non pretende dar explicacións.
Hai xa tres noites que dou moitas voltas na cama. Miro pola fiestra. Cavilo. Fumo. Cavilo. Manhá choverá?
E amence. E xa está. Ao final si que adormezo. Empezame a rondar a cabeza a idea de que até gostaría de ter insomnio. Elogo non? Se durmir sempre foi un atraso...
Que che vou contar que non saibas... Vou ás aulas e tomo moito café, tamén é verdade que a rutina pode ser moi necesaria. Tamén me gusta
O tempo non me vai perdoar tantos excesos, mais sigo sendo fiel a moitas utopías día a día. E non me afoga o pudor para reconhecelo. Que cona...! E por un pouquinho que cavile antes de ir durmir, tampouco creo que vaia infartar por iso. E menos con trinta anos.
A veces tenho medo. Merda. Que merda dixen. Non hai fallo. Escriboche porque quero escribirche. Desde o futuro. E desde o pasado.
E polo resto todo marcha. Igual. E por moito tempo de merda que pase estarei buscando como escribirche, porque sigo sendo inútil de todo. Chupando da teta. Porque ese é o problema. Lóxico.
Quero escribirche e non podo, este papel nacerá e morrerá nas minhas mans polas túas. E o mundo rota, mais nós ficamos fríos coma témpanos porque erguerse do sofá supón un auténtico drama. Quero que non me vexas ferida, que máis ten. Seguro que a ti tampouco que ía importar... Merda. Que dixen.
o tempo pasa. Xa.

Outubro.
Xa chegou Decembro.

sábado, 24 de noviembre de 2012


Si miro un poco afuera me detengo 
la ciudad se derrumba 
y yo cantando 
la gente que me odia y que me quiere 
no me va ha perdonar 
que me distraiga, 
creen que lo digo todo 
que me juego la vida 
porque no te conocen 
ni te sienten. 

Te doy una canción y hago un discurso 
sobre mi derecho ha hablar, 
te doy una canción 
con mis dos manos 
con las mismas de matar, 
te doy una canción 
y digo patria 
y sigo hablando para ti, 
te doy una canción 
como un disparo 
como un libro 
una palabra 
una guerrilla... 
como doy el amor.

Silvio para curarse, cada día.

viernes, 23 de noviembre de 2012


Recórdame aquel tempo inundado no que agochar a evidencia nos entretía. Agóchame aquel tempo acribillado no que esgotamos a indiferenza. Esgótame aquel tempo axeonllado e corrosivo.
Xa pasou, nem catástrofes, nem represión, nem ruínas radioactivas, nem palabrería barata, nem recaídas bélicas, nem corrupción, nem vidas roídas, nem rabaños mentais, nem pasado, presente, nem futuro.
Detén o tsunami… E os seus efectos.