jueves, 1 de noviembre de 2012

De como o que pense ou deixe de pensar se torna insólito. Mesmo exótico. Se cadra o tempo non deixa torcer o temón que tenta arraigarnos a desexos e futuras promesas cheas de enrugas.
Abriu a porta e entendeuno todo, foi entón cando se deixou envolver. Papel Albal para conservarse, ben conservada. E moitas especias. Sen sal, grazas.
Engano, indiferenza, acidez. Agora, algo de azucre, glicosa afumada.
E pechou a porta. Rachou o aluminio, que tanto brillo marea… Sen conservantes.
A pelo.
Xa está.
Feito.

F-E-I-T-O.

E ao feito, peito.
De como o que pense ou deixe de pensar recúa a vintecatro horas, sesenta minutos e un día. Ou un mes, ou… Canto drama o do tempo.
De cómo o que pense
Ou deixe de pensar…


Feito.

XA

Continúa. Hidratada. Sen botox.

Mira pola fiestra unha fervenza, gota a gota, súa. Súa? Súa. Si, iso. Medo, moito. Segue aí. Gota.

Gota.
Gota.
Poida que tantas gotas...

Auguinha.
(…)
Sorrí, e entón xa comprende.

No hay comentarios:

Publicar un comentario