A veces sorpréndome abrazando o teu recordo. Nom é máis que fume. Ou un canuto mal pagado e cinsas polo chan. Pode que tenha un sabor a té moruno do Camalea.
O teu recordo, que é nada e todo.
O teu recordo, que me ferve no peito.
O teu recordo, que sendo todo e nada me doe e me sana.
Sexa o que sexa.
É.
sábado, 8 de diciembre de 2012
viernes, 7 de diciembre de 2012
Nesta época do
ano fai un frío que pela, xea moito. Mais semella que outubro quere seguir
sendo un outono estival. E caminhar pola rúa segue sendo unha maravilla.
Hoxe non escribo
para ninguén, non creo que precise imaxinar nada. Coido que ando suxestionando un mundo que non
pretende dar explicacións.
Hai xa tres
noites que dou moitas voltas na cama. Miro pola fiestra. Cavilo. Fumo. Cavilo.
Manhá choverá?
E amence. E xa
está. Ao final si que adormezo. Empezame a rondar a cabeza a idea de que até
gostaría de ter insomnio. Elogo non? Se durmir sempre foi un atraso...
Que che vou
contar que non saibas... Vou ás aulas e tomo moito café, tamén é verdade que a
rutina pode ser moi necesaria. Tamén me gusta
O tempo non me
vai perdoar tantos excesos, mais sigo sendo fiel a moitas utopías día a día. E
non me afoga o pudor para reconhecelo. Que cona...! E por un pouquinho que
cavile antes de ir durmir, tampouco creo que vaia infartar por iso. E menos con
trinta anos.
A veces tenho
medo. Merda. Que merda dixen.
Non hai fallo. Escriboche porque quero escribirche. Desde o futuro. E desde o
pasado.
E polo resto todo
marcha. Igual. E por moito
tempo de merda que pase estarei buscando como escribirche, porque sigo sendo inútil
de todo. Chupando da teta. Porque ese é o problema. Lóxico.
Quero escribirche
e non podo, este papel nacerá e morrerá nas minhas mans polas túas. E o mundo
rota, mais nós ficamos fríos coma témpanos porque erguerse do sofá supón un
auténtico drama. Quero que non me vexas ferida, que máis ten. Seguro que a ti
tampouco que ía importar... Merda. Que dixen.
o tempo pasa. Xa.
Outubro.
Xa chegou Decembro.
sábado, 24 de noviembre de 2012
Si miro un poco afuera me detengo
la ciudad se derrumba
y yo cantando
la gente que me odia y que me quiere
no me va ha perdonar
que me distraiga,
creen que lo digo todo
que me juego la vida
porque no te conocen
ni te sienten.
Te doy una canción y hago un discurso
sobre mi derecho ha hablar,
te doy una canción
con mis dos manos
con las mismas de matar,
te doy una canción
y digo patria
y sigo hablando para ti,
te doy una canción
como un disparo
como un libro
una palabra
una guerrilla...
como doy el amor.
Silvio para curarse, cada día.
viernes, 23 de noviembre de 2012
Recórdame aquel tempo inundado no que agochar
a evidencia nos entretía. Agóchame aquel tempo acribillado no que esgotamos a
indiferenza. Esgótame aquel tempo axeonllado e corrosivo.
Xa pasou, nem catástrofes, nem represión, nem
ruínas radioactivas, nem palabrería barata, nem recaídas bélicas, nem
corrupción, nem vidas roídas, nem rabaños mentais, nem pasado, presente, nem
futuro.
Detén o tsunami… E os seus efectos.
jueves, 1 de noviembre de 2012
De como o que
pense ou deixe de pensar se torna insólito. Mesmo exótico. Se cadra o tempo non
deixa torcer o temón que tenta arraigarnos a desexos e futuras promesas cheas
de enrugas.
Abriu a porta e
entendeuno todo, foi entón cando se deixou envolver. Papel Albal para
conservarse, ben conservada. E moitas especias. Sen sal, grazas.
Engano,
indiferenza, acidez. Agora, algo de azucre, glicosa afumada.
E pechou a porta.
Rachou o aluminio, que tanto brillo marea… Sen conservantes.
A pelo.
Xa está.
Feito.
F-E-I-T-O.
E ao feito,
peito.
De como o que
pense ou deixe de pensar recúa a vintecatro horas, sesenta minutos e un día. Ou
un mes, ou… Canto drama o do tempo.
De cómo o que pense
Ou deixe de
pensar…
…
Feito.
XA
Continúa.
Hidratada. Sen botox.
Mira pola fiestra
unha fervenza, gota a gota, súa. Súa? Súa. Si, iso. Medo, moito. Segue aí.
Gota.
Gota.
Gota.
Poida que tantas
gotas...
Auguinha.
(…)
Sorrí, e entón xa
comprende.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)