A veces sorpréndome abrazando o teu recordo. Nom é máis que fume. Ou un canuto mal pagado e cinsas polo chan. Pode que tenha un sabor a té moruno do Camalea.
O teu recordo, que é nada e todo.
O teu recordo, que me ferve no peito.
O teu recordo, que sendo todo e nada me doe e me sana.
Sexa o que sexa.
É.
sábado, 8 de diciembre de 2012
viernes, 7 de diciembre de 2012
Nesta época do
ano fai un frío que pela, xea moito. Mais semella que outubro quere seguir
sendo un outono estival. E caminhar pola rúa segue sendo unha maravilla.
Hoxe non escribo
para ninguén, non creo que precise imaxinar nada. Coido que ando suxestionando un mundo que non
pretende dar explicacións.
Hai xa tres
noites que dou moitas voltas na cama. Miro pola fiestra. Cavilo. Fumo. Cavilo.
Manhá choverá?
E amence. E xa
está. Ao final si que adormezo. Empezame a rondar a cabeza a idea de que até
gostaría de ter insomnio. Elogo non? Se durmir sempre foi un atraso...
Que che vou
contar que non saibas... Vou ás aulas e tomo moito café, tamén é verdade que a
rutina pode ser moi necesaria. Tamén me gusta
O tempo non me
vai perdoar tantos excesos, mais sigo sendo fiel a moitas utopías día a día. E
non me afoga o pudor para reconhecelo. Que cona...! E por un pouquinho que
cavile antes de ir durmir, tampouco creo que vaia infartar por iso. E menos con
trinta anos.
A veces tenho
medo. Merda. Que merda dixen.
Non hai fallo. Escriboche porque quero escribirche. Desde o futuro. E desde o
pasado.
E polo resto todo
marcha. Igual. E por moito
tempo de merda que pase estarei buscando como escribirche, porque sigo sendo inútil
de todo. Chupando da teta. Porque ese é o problema. Lóxico.
Quero escribirche
e non podo, este papel nacerá e morrerá nas minhas mans polas túas. E o mundo
rota, mais nós ficamos fríos coma témpanos porque erguerse do sofá supón un
auténtico drama. Quero que non me vexas ferida, que máis ten. Seguro que a ti
tampouco que ía importar... Merda. Que dixen.
o tempo pasa. Xa.
Outubro.
Xa chegou Decembro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)