viernes, 7 de diciembre de 2012


Nesta época do ano fai un frío que pela, xea moito. Mais semella que outubro quere seguir sendo un outono estival. E caminhar pola rúa segue sendo unha maravilla.

Hoxe non escribo para ninguén, non creo que precise imaxinar nada. Coido que ando suxestionando un mundo que non pretende dar explicacións.
Hai xa tres noites que dou moitas voltas na cama. Miro pola fiestra. Cavilo. Fumo. Cavilo. Manhá choverá?
E amence. E xa está. Ao final si que adormezo. Empezame a rondar a cabeza a idea de que até gostaría de ter insomnio. Elogo non? Se durmir sempre foi un atraso...
Que che vou contar que non saibas... Vou ás aulas e tomo moito café, tamén é verdade que a rutina pode ser moi necesaria. Tamén me gusta
O tempo non me vai perdoar tantos excesos, mais sigo sendo fiel a moitas utopías día a día. E non me afoga o pudor para reconhecelo. Que cona...! E por un pouquinho que cavile antes de ir durmir, tampouco creo que vaia infartar por iso. E menos con trinta anos.
A veces tenho medo. Merda. Que merda dixen. Non hai fallo. Escriboche porque quero escribirche. Desde o futuro. E desde o pasado.
E polo resto todo marcha. Igual. E por moito tempo de merda que pase estarei buscando como escribirche, porque sigo sendo inútil de todo. Chupando da teta. Porque ese é o problema. Lóxico.
Quero escribirche e non podo, este papel nacerá e morrerá nas minhas mans polas túas. E o mundo rota, mais nós ficamos fríos coma témpanos porque erguerse do sofá supón un auténtico drama. Quero que non me vexas ferida, que máis ten. Seguro que a ti tampouco que ía importar... Merda. Que dixen.
o tempo pasa. Xa.

Outubro.
Xa chegou Decembro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario